jueves, 8 de diciembre de 2011

ioga

Aínda está por determinar o horario, dependendo da demanda, pero terá que ser os Estase a organizar unha clase de ioga para nenos, que comezará a partir de xaneiro. venres pola tarde ou os sábados, mañá ou tarde, pola dispoñibilidade da profesora. A duración das clases é dunha hora.
Está destinado a nenos a partir de catro anos. Os nenos poden levar un acompañante adulto.
O prezo por alumno será de 15€, e o do adulto acompañante de 5€.

A modo de demostración ofrecerase unha clase gratuíta, á que se pode asistir como participante ou como mero observador, o mércores 21 de decembro, de 16:45 a 19:00 horas, no pavillón municipal dos deportes. Os que queiran participar deberán levar unha esterilla ou alfombriña antideslizante, roupa cómoda e dobre calcetín.

A práctica regular de ioga aumenta a enerxía, física e psíquica, mellora a flexibilidade e mobilidade muscular, mellora a dixestión e eliminación, a circulación e a respiración (polo que é moi efectiva para o control da asma) e combate a ansiedade e o insomnio, entre outros moitos beneficios para a saúde.




Os interesados poden deixar os seguintes datos de inscrición nos buzóns da ANPA.







NOME:

IDADE:

TUTOR:

TELÉFONO:

E-MAIL:

No hay comentarios: